domingo, 4 de março de 2018

COMO USAR O LABIRINTO GLOBAL


O labirinto é como o camiño da vida: Un campo de múltiples carreiros (trilhas) posíbeis sobre o que podemos xogar múltiples xogos, xa sen regras ou coas regras que nós mesmos inventamos ou aceptamos, ben para seguilas ou para pasar delas, que é no que consiste a liberdade creativa humana.

Propoño unha regra para o Labirinto Global, mas estarei encantado de ler as vosas suxestións sobre regras máis interesantes, as que me fagades chegar ao mensajeiro de Facebook/Manuel Castelin 3.




O que eu deseñei, seguindo inspiracións que chegáranme no labirinto verde da Amazonia Brasileira, é o seguinte: O labirinto de camiños espirales en forma de oito que recomezan onde acaban, como os ciclos da vida, ten 55 estacións duplas, numeradas de 0 a 109, como os anos posíbeis da nosa encarnación, cada unha cun título, un signo, unha ilustración e un texto que marcan o seu sentido. Son duplas ou dobres porque, no noso mundo dual, cada elección que facemos porta con ela ao seu contrario ou ao seu complemento. 


COLOQUEI CADA DÚAS ESTACIÓNS POLA FRONTE E O INVÉS DE CADA UNHA DAS 55 "CARTAS DO PEREGRINO". Na miña próxima entrega deste blog darei a lista enteira dos títulos de todas elas, que marcan o seu sentido. En cada viaxe laberíntic que describamos, mostraremos as imaxes das cartas que lle corresponden e aprofundaremos en cada tema.



Inicio unha novela (romance) que é sempre, para min, unha viaxe. Por exemplo, Orfeo sae da súa patria, Tracia, ao norte da Grecia actual, e navega cos Argonautas ata a Cólquide, que é hoxe a república caucasiana de Georgia. Ao regresar, a súa esposa morre e el viaxa ata o Finisterre do Mundo Antigo, hoxe Galicia, España, buscando a entrada ao Mundo dos Mortos, co fin de intentar rescatala.



Antes de entrar nel, hai que facer unha  reciclaje consciente dos ciclos septenarios dos anos vividos anteriormente, tal como vese a película, o filme da propia vida ao morrer, perdoando, honrando e agradecendo a quen nos ensinaran con dor ou con amor, bendicindo (abençoando) para harmonizar, extraendo leccións e planeando novos ciclos máis evolucionados. Esa é a reflexión que facilita o carreiro meditativo do labirinto.



Voume a Google Hearth e adapto á pantalla da súa visor o mapa dos países que hai entre Georgia e Galicia, aínda que podo alargalo ata Irlanda, si ocorréulleme contar na novela como os galaicos da Idade do Bronce chegaron ata ela. Toco a tecla IMPR PANT.



Voume agora a Phothoshop, digo: ?novo? e ?pegar?. E recorto o mapa.

Nunha capa superpuesta a el, pégolle o seguinte labirinto numérico:




...Ou, directamente, estoutro no que hai só números:





Logo quítolle á imaxe do labirinto numérico suficiente opacidad para que o mapa se transparente na capa de debaixo. Operacións que coñece quen usa o Phothoshop.





As 55 ?Cartas do Peregrino? están numeradas por dereito e revés, unha estación e o seu contrario ou o seu complemento. Barallo e, cos ollos pechados, escollo do mazo estendido, 10 cartas dobres. Os seus números, colocados sobre os do mapa na orde lineal en que saíron, márcanme as 10 estacións principais do guión, e o sentido e contrasentido esencial de cada unha, o resto é imaxinar e vivir a novela sobre esa estrutura conceptual básica. Do xeito máis libre e flexible posible, claro.



O mesmo podo facer para planear unha viaxe por países que descoñezo. Por exemplo: Illas do Pacífico Sur.





Saco de Google Earth o mapa dese océano, entre as costas orientais de Australia e as occidentais de América do Sur, deixando fóra, ao norte, Hawai, e ao sur a Antártida.





Imprímoo en Phothoshop, lle superpongo o labirinto numerado e fágoo trasparente. Xa puxen números dobres en espirales sobre a maior parte desa extensión do océano.



A continuación, barallo as Cartas do Peregrino e, cos ollos pechados, escollo do mazo estendido, 10 cartas dobres. Si algún número caeume en pleno mar, córroo ata a illa máis próxima. Si non a houbese preto, tiro outra carta, ou outra. 





O que sae para min nun lugar é para min, non para outra persoa, nin sequera si alguén me acompaña.. A carta dáme unha suxestión evolutiva personalizada, algo que experienciar, conscienciar e traballar.



Xa teño o meu percorrido deseñado e unha suxestión conceptual de algo que traballar mentalmente en cada estación. Unirei eses dez puntos segundo me vaia decatando, nas páxinas web das axencias de voo ou navegación, ou dos consulados que esixen visados? do xeito máis conveniente e económica de hilar a viaxe entre eles.



Non teño que desprezar lugares que non parecen paraísos. No lugar máis humilde e descoñecido pódenos esperar unha intensa aventura, relacións importantes, unha gran aprendizaxe evolutiva e inspiración para unha novela ou outras obras de arte. E podemos con todo. Si non é un centro turístico, moito mellor.





EXEMPLO: A VIAXE VIRTUAL-LABERÍNTICO "ILLAS DO PACÍFICO SUR" QUE ESTOU PREPARANDO:
34-35: A Profesora/Examina o Pensamento. Nova Zelanda

42-43: A Tentativa/O Peregrino. Illas Chatham

32-33: A Receptividad/O Bloqueo. Nova Caledonia

14-15: A Ilusión/A Aventura. Illas Salomón, Marshall, Vaunatu

46-47: A Conexión/O Labirinto. Illas Fiyi.

44-45: A Confianza/A Desesperanza. Tonga, Niue.

28-29: A Rendición/A Soberbia. Wallis e Futuna, Kiribati, Samoas.

24-25: Autoexamen/Interiorización. Illas Cook, Illas Sociedade (Tahití), Illas Tuamotu.

58-59: O Lume Interior/A Sensualidad. Illas Marquesas

68-69: A Disciplina/A Inconstancia. Illas Galápagos.



Posto a viaxar de verdade, especialmente por arquipélagos, si decátome dalgún lugar interesante próximo a algún dos puntos elixidos, tratarei de coñecelo. O turista atense aos espazos e tempos programados, o viaxeiro, polo contrario, aventúrase e intégrase en cada lugar, ama, colabora, constrúe, aprende a lingua e a cultura local, honra o lugar e aos seus veciños, coma se esa fose a súa nova terra-esposa para sempre, sen data predeterminada de saída, mais sen o menor apego, cando se sente a intuición de que chegou o bo momento para seguir viaxe..



Si quixese facer un percorrido menor, podo reducir o número de cartas que tiro. Ou utilizar un mazo delas menor, con só arcanos maiores, por exemplo. Pode facerse unha gran viaxe, ou unha gran novela, sen saírse de catro, tres ou ata dous escenarios.



Todo é mental e a mente extraordinariamente maleábel. Un bo viaxeiro pode ata facer unha gran viaxe polas múltiples dimensións dun só cuarto, igual que un bo escritor ou un bo pintor é capaz de suxerir infinitas perspectivas e potencialidades de realidade sobre un só cadro. O máis alto dos artistas pariu os universos a partir dun big bang da súa imaxinación, e ségueos expandiendo, combinando e transformando nunha interminable deconstrucción creadora.

Nenhum comentário:

Postar um comentário