quarta-feira, 28 de fevereiro de 2018

PROXECTO LABIRINTO GLOBAL


SOBRE A LINGUA DESTE BLOG: Eu, Manuel Castelin, encóntrome neste frío inverno de 2018 retornado à miña cidade natal, Vigo,  a maior da Galicia ou Galiza, na España, por iso rogo aos meus amigos portugueses e brasileiros que entendan que non estou escrebendo portugués errado, colocando ñ en lugar de nh, ll en lugar de lh, n en lugar de m,  x en lugar de j, b onde debia por v... Non está errado, non,  pois estou me expresando neste blog na  lingua galega actual, isto é,  nun portuñol mellor ou peor armado polos académicos e oficializado polos políticos. É verdade que muitos pensamos que tería sido muito mais convinte oficializar na Comunidade Autónoma Galega a lingua universal que é o portugués moderno falado por 261 millóns de persoas, o cuarto idioma do mundo despois do mandarín, español e inglés, en lugar de conservar unha mestura de arcaismos galego-portugueses provincianos con un monte de castelán ou español castelhano que nos invadiu durante os varios séculos escuros en que as nosas clases dominantes establecian que falar galego era falar plebeu e que falar castelán ou español era falar señor, infectando ao noso pobo de vergoña pola sua propia cultura.
O Galego oficial que é normativo hoxe en Galicia, tamén escrébese con a ortografía castelhana, e non con a lusa. En fin, a cousa podería ter sido mellor, mas isto é o que há e o que falan o 40% dos galegos localmente entre eles, usando todos eles o español como lingua universal.

Como eu teño o maior interés en seguir me comunicando con os meus amigos lusófonos e non impórtame como, estou procurando que cuanto escrebo aquí seméllese todo o posíbel ao portugués que aprendí no Brasil. Teñan paciencia comigo, meus queridos, porque pode ser ata que, no futur,o estas formas deriven a un portuñol decente, que sirva para se entenderen os brasileiros con seus povos viziños na América do Sur. Os poucos que desexen aprofundar no tema pode entrar nesta web:
WIKIPEDIA PT, DIFERENÇAS ENTRE O GALEGO E O PORTUGUÊS

SOBRE O PROXECTO LABIRINTO GLOBAL: 

Deixando ao carón (a un lado) ou polémico tema dá lingua, cóntolles que eu, que pasei a miña vida de artista viaxeiro polo mundo, estou restrinxido agora nos meus desprazamentos pola amorosa necesidade de coidar da miña nai (mae) anciá, a bela Gloria Durán do Pozo, que hoxe necesita un andador para moverse.

Con todo, decidín que, como a arte é cousa mental, como dicía Da Vinci, non vou renunciar a seguir percorrendo mental e creativamente este planeta que tocoume por actual destino e, para iso, usarei un andador virtual: a rede internet.

Ou último día de febreiro 2018, chovendo, inauguro neste blog o proxecto LABIRINTO GLOBAL, baixo unha forma distinta da que xa concibira no pasado, cando me propuxen percorrer o mundo todo participando na creación dunha rede de xardíns laberínticos, o primeiro dos cales realicei no Retiro Espertar de Sao Thomé dás Letras, en Brasil. estado de Minas Gerais, onde vivín cinco produtivos anos en compañía da miña esposa, Olga Ochoa e dos meus amados amigos brasileiros.


Como no meu retiro actual na finca (sitio) Pazo, de San Andrés de Comesaña, Vigo, dispoño dun terreo duns mil metros cadrados por axardinar, inicio hoxe sobre el o planexamento dunha trilla labiríntica como o da imaxe seguinte:


Xa contratei unha pala mixta, a fin de que aplane o terreo, e a miña nai poida camiñar o mundo todo sobre el co seu andador sen esforzo. Ese será o sitio específico desta obra, e a ela dedícollo.
-O sitio específico "Pazo", en Vigo, corresponderase cun sitio virtual: este blog en internet e as suas ramificacións, que me servirán para construir virtualmente 55 labirintos artísticos e literarios de dobre estación e sentido nos 55 lugares do universo que eu vaia escollendo,

-o segundo, sobre a rexión máxica de Sao Thomé dás Letras, Brasil, na que tamén creei un sitio específico cun labirinto no Retiro Despertar e unhas Cartas-Guía que atópanse en Facebook.

-o terceiro sobre o Camiño Español das Estrelas (ou de Santiago). Tamén creei unhas Cartas-Guía para el, en Facebook.

-o cuarto sobre o litoral das Rías Galegas.

-o quinto sobre as illas Faro e Monteagudo das Cíes, na saída de Ría de Vigo,

-o sexto sobre os escenarios da miña novela "Viaxe de Orfeu ao cabo do mundo", que transcorre entre o -Cáucaso e Irlanda, pasando por todo o Mediterráneo e o Atlántico da Idade do Bronce,

-e o sétimo sobre os escenarios da miña novela (romance), aínda non terminada,"A Viaxe Atemporal de Gilgamesh", que percorre Medio Oriente e a Asia Oriental, ademais de descender, como descendeu Orfeu, ás dimensións do Inframundo.





Arriba: Labirinto das Cíes, primeiro esbozo a mellorar.



... Logo deses sete primeiros, quédanme aínda 48 escenarios no planeta Terra, ou fóra del, para seguir dando forma e sentido á miña vida de artista viaxeiro, ben nesta encarnación ou nas seguintes posíbeis. Porque ao andar é que faise o camiño, como dicía o poeta Antonio Machado. 

O criterio con que pensei escollelos e, fundamentalmente, que sexan países que desconhezo muito, que non estexan atualmente en guerra nin sexan destinos turísticos de moda. Non deixarei de voltar, con outra perspectiva, aos escenarios das miñas primeiras viaxes pola universidade da Vida: Marrocos e Escandinavia. Ou à Colombia, Panamá e os Andes. Ou à Amazonia, onde recebin a inspiración do Labirinto en 1989, durante un intenso traballo de Ayahuasca na selva profunda.


Convido a quen o desexe a que me acompañe nesta andadura. Se ninguén me acompañase, estou seguro de atopar compañeiros de viaxe, ou de acertar a crealos, na propia camiñada, que xamais acaba, porque O Que É e Somos maniféstase e desenvolve as Súas potencialidades nunha viaxe espiral e laberíntica eterna, xa cara a dentro, xa cara a fóra de Si Mesmo, como sabían os nosos devanceiros (ancestrais) en moitas culturas.